CRTVG

Buscar

Libro-disco 'Aute canta a Oroza'

Publicado o 07/11/2018 17:48

Trátase dun libro-disco con seis poemas musicados por Aute, que comeza con 'Prohibido el paso'. Preséntase os días 8 e 9 de novembro na sede de Afundación en Vigo e asistirán familiares e amigos

"Quen se puxo en contacto fun eu. Primeiro porque sabía, despois de conversas con Carlos Oroza, da ilusión que lle facía que Luís Eduardo Aute fixera un traballo como este. Logo eu póñome en contacto con Eduardo e de aí empeza a nacer todo esto.

"El coñecía a poesía de Oroza desde os anos 70, imaxino. Aquela época en que coincidiron en Madrid. Na época do café Comercial, do café Gijón".

"Unha poesía moi longa, moi difícil non. Foi un reto para Eduardo, que foi unha maneira de gravar totalmente diferente ao feito ata agora".

"Oroza fascíname, como alma libre que é. É un home que non claudica ante nada. Ten unha forma de ver a vida, unha forma de pensar, unha forma de escribir que para el non tiña prezo. Entón iso é o que máis me asombra e o que máis admiro de Oroza. Foi fiel ata o final a todo o que pensou na súa vida".

"Prohibido el paso é un poema que lembraba Aute, dos anos 70 precisamente, porque é un poema que se refire, directamente, aínda que non o nomee, á ditadura que se estaba vivindo naquel momento".

"Aute impresiónase coa poesía de Oroza outra vez. Parece que, ademais, hai poemas de Oroza que son máis actuais ca nunca. E un caso é este de 'Prohibido el paso'".

"A intención de que Eduardo grave algo sobre Oroza, ata que temos isto na man, hai unha serie de acontecementos. Desde a morte de Oroza que aí xa estaba previsto pois, facer un par de temas, ata o susto que da Eduardo co seu infarto e ten parado isto dous anos aproximadamente".

"Non vai estar aquí. Vai estar o seu fillo Miki, un irmán de Aute, José Ramón. Tamén Javier Monforte, que gravou con el directamente este disco no seu estudio".

Un traballo que vai quedar aí e que pode valer para intentar comprender a poesía de Carlos Oroza.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2018