CRTVG

Buscar

Liberdade sen fianza para o actor Kevin Spacey, acusado de agresión sexual

Publicado o 07/01/2019 20:10

Liberdade sen fianza para o actor Kevin Spacey por un presunto caso de agresión sexual a un mozo de 18 anos.

Son imaxes da súa chegada ao xulgado de Massachusetts. Durante a vista, que durou pouco máis de 10 minutos, negouse a declarar, mentres o seu avogado intentou desmontar a acusación do rapaz demandante. Os feitos da acusación remóntanse ao mes de xullo de 2016. A próxima vista terá lugar o vindeiro 4 de marzo, aínda que o actor non está obrigado a comparecer.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2019