CRTVG

Buscar

Liberdade con cargos para o segundo xihadista que preparaba atentados en Semana Santa

Publicado o 25/04/2019 19:09

A Policía Nacional detivo en Sevilla un segundo xihadista que pretendía atentar durante a Semana Santa en Sevilla. O xuíz deixouno en liberdade provisional con cargos e con medidas cautelares: retiroulle o pasaporte, ten prohibido saír de España e debe comparecer no xulgado cada semana.

A Fiscalía recorreu esas medidas e pediu que se decrete prisión para o segundo presunto terrorista. A causa está declarada secreta.

Noticias web

25/04/2019