Liberados en Madrid 61 inmigrantes que vivían amoreados en rochos de 9 metros cadrados
Publicado o 25/06/2020 14:13
A policía liberou 61 inmigrantes que vivían amoreados en varios rochos do barrio madrileño de Carabanchel.
Os trasteiros tiñan uns nove metros cadrados, carecían de ventilación e en cada un deles vivían tres ou catro persoas que pagaban un alugueiro de 250 euros ao mes.
Entre os inmigrantes hai varias familias con menores, un bebé e unha muller embarazada. Hai seis detidos.
Máis sobre actualidade
28/02/2021 22:42