CRTVG

Buscar

Álex Chan, do Cisne á selección dos Estados Unidos

Publicado o 03/12/2020 21:31

Alex Chan ten 27 anos. Se ten pasaporte americano é porque o seu avó foi un emigrante que elixiu os Estados Unidos, alí naceu a súa nai.

Hai pouco que recibiu a nova da súa convocatoria, está entre os 35 elixidos polo sueco Robert Hedin. Para Álex, "foi unha sorpresa, foi todo moi rápido".

Na páxina web do equipo nacional dos Estados Unidos teñen que explicar que é o balonmán e aclaran: será o seguinte gran deporte de América. De momento, poucos o coñecen, como recoñece o xogador do Cisne: "É un descoñecido. É moi emocionante".

Tan emocionante como o ascenso do Cisne. Xogar na Asobal e ser internacional non tiña nin a categoría de soño recoñece Álex: "Non podía nin soñalo".

O seguinte soño será estar en xaneiro no Mundial de Exipto.

Noticias web

03/12/2020