CRTVG

Buscar

Álex Bergantiños, hospitalizado por unha ferida inciso contusa na cara

Publicado o 20/06/2019 22:37
Álex Bergantiños, hospitalizado por unha ferida inciso contusa na cara

Álex Bergantños, capitán do Deportivo, foi hospitalizado por unha ferida inciso contusa na cara que se produciu no encontro de ida da final da promoción de ascenso á liga Santander tras unha entrada do centrocampista do Mallorca Pedraza, que foi expulsado.

O Deportivo emitiu un parte médico no que sinala que o xogador tivo que ser evacuado de urxencia ao hospital Modelo da Coruña, moi próximo ao Estadio Abanca-Riazor, onde se disputa o partido, para ser atendido pola ferida.

Aos 40 minutos de partido, con 1-0 no marcador, Bergantiños e Pedraza loitaron por un balón dividido no medio do campo e o xogador do Mallorca impactou coas botas na cara do xogador. Os doutores do Deportivo saíron inmediatamente ao céspede para atender a Bergantiños.

Pedraza, que foi expulsado, deuse conta da gravidade da acción e botouse as mans á cabeza. Finalmente, o xogador deportivista foi retirado en padiola, coa cara ensanguentada, e saíu por unha das portas de Riazor onde se sitúa a ambulancia, mentres que Vicente Gómez entrou no seu lugar no terreo de xogo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019