CRTVG

Buscar

Letizia, raíña da moda no Xapón

Publicado o 23/10/2019 15:00

Os actos de entronización dos emperadores do Xapón deixan moitas imaxes para a historia. Entre elas, as da raíña Letizia que destacou entres os 2.000 convidados pola súa vestimenta e por lucir na cabeza a gran xoia da coroa española.

Mentres Naruhíto se convertía en emperador do Xapón, a raíña Letizia lograba subir a outro trono, o da moda. Logrou impactar a prensa cos modelos e xoias escollidos para a cerimonia, tirando de dúas armas infalibles, a orixinalidade e o luxo.

Orixinalidade nesta diadema de veludo que, xunto ao estampado floral do vestido, conseguiu roubarlles protagonismo aos mesmos emperadores do Xapón. Luxo no modelo que luciu horas despois, na cea de gala, cando a monarca combinou este vestido rosa fucsia de Carolina Herrera coa xoia máis valiosa e emblemática da coroa, a tiara de flor de lis. Foi o regalo de voda de Alfonso XIII á raíña Victoria Eugenia en 1906, e desde entón a xoia de diamantes e perlas vai pasando de cabeza en cabeza real nas ocasións máis especiais. Semella que o paso do tempo non resta magnetismo a esta tiara que fixo que a raíña brillara nunha das cerimonias con máis boato dos últimos tempos.









 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/10/2019