CRTVG

Buscar

Lesmes exporá oficialmente o malestar do poder xudicial pola exclusión do Rei da entrega de despachos

Publicado o 24/09/2020 15:39

A cúpula do poder xudicial vai manifestar publicamente o seu malestar pola ausencia do Rei na entrega de despachos aos novos xuíces en Barcelona.

Será o presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes, o que mañá faga oficial no seu discurso a posición do órgano dos xuíces respecto ao veto ao xefe do Estado.

Amais, un grupo de vogais vai emitir un comunicado en que expresan o malestar pola exclusión do rei.

Noticias web

24/09/2020