CRTVG

Buscar

Leonor ofrece o seu primeiro discurso na entrega dos Premios Princesa de Asturias

Publicado o 18/10/2019 17:23

Din que estaba nervioso e que ensaiou o discurso moitas veces no cuarto do seu hotel antes de dirixirse ao teatro Campoamor. Preferiu escribir do seu puño e letra o que era o seu primeiro discurso en público, que durou algo máis dun minuto e medio.

Agora é a súa filla, a princesa Leonor, de 13 anos, a que toma o relevo, no mesmo escenario, á mesma idade e nun marco político e social tamén complexo. Espérase que as palabras da princesa, que falará sobre cinco minutos, sexan simbólicas e a carga política e institucional a asuma o Rey, máxime coa situación conflitiva en Cataluña, sobre a que o monarca aínda non se pronunciou.

Malia que a entrega dos galardóns será pola tarde, xa durante a mañá a axenda dos monarcas e das súas fillas estivo marcada polas recepcións oficiais. A máis importante celebrouse no Hotel da Reconquista, onde recibiron os oito galardoados.

Aínda que xa estivera en Asturias o ano pasado, esta é a primeira ocasión na que a herdeira visita a capital do Principado, e a xente de Oviedo non decepcionou. Onte pola tarde houbo un multitudinario recibimento a toda a familia real. Tiveron a ocasión de visitar a catedral e á saída foron agasallados coa interpretación do Asturias, patria querida.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/10/2019