CRTVG

Buscar

Leite de burra? Investigadores de Lugo e de León analizan saídas na alimentación e na cosmética

Publicado o 21/10/2020 14:27

Cada vez hai menos e están pouco valorados, pero o leite de burra achega numerosas posibilidades.

"O leite de burra é moi semellante ao leite materno humano, ten menos proteínas ca o de vaca e contén máis azucres, pero o feito de non ter proteína como o de vaca fai que sexa moi interesante para persoas con intolerancia á lactosa", sinala Rebeca Carballo, investigadora da Aula de Produtos Lácteos. 

A Aula de Produtos Lácteos do campus de Lugo participa nunha ensaio promovido polos criadores dunha raza lleonesa. Queren mellorar e promocionar a raza e investigan as posibilidades que ofrece o leite en cosmética e alimentación.

"Recibimos un encargo da Asociación de Criadores da Raza Asnal Zamorano-Leonesa e da cooperativa Buleza para que secaramos dúas toneladas e media de leite que chegou aquí conxelado. Co proceso de secado mantéñense os nutrientes do produto, facilítase a almacenaxe e increméntase a súa vida útil", sinala Rebeca Carballo, investigadora da Aula de Produtos Lácteos. 

Actualmente en España é case testemuñal o consumo do leite de burra e os seus derivados, pero non así noutros países do mundo.

Noticias web

21/10/2020