CRTVG

Buscar

Laura Añón, de cantante de orquestra a condutora de autobús a causa da pandemia

Publicado o 26/01/2021 18:17

Laura Añón é unha das voces e facianas máis recoñecidas do mundo da verbena galega. Esta carballesa levaba desde os 17 anos dedicándose á sua paixón: cantar. Nos últimos 3 fíxose cargo da orquestra Finisterre, pero chegou a pandemia e freou en seco a actividade do sector. Laura, que é unha muller de recursos, tirou das súas habilidades para sobrevivir.

Xa tiña o carné de autobús porque ás veces conducia o da orquestra e buscou traballo de chofer. Desde outubro está contratada nunha empresa da localidade como condutora dun autobús escolar.

Como Laura, a maioría de compañeiros do sector víronse obrigados a deixar os escenarios e buscar outras saidas profesionais. Din que se senten decepcionados e ignorados porque non recibiron ningún tipo de axuda.

Aínda que di que está a gusto no seu novo oficio e ve o futuro incerto, non perde a esperanza de retirarse nun escenario facendo o que máis lle gusta, que é cantar.

 

Noticias web

26/01/2021