Lara Balseiro (Burela): "Temos a tranquilidade de que estamos nun gran club que nos respalda"
Publicado o 21/08/2020 19:12
En Burela levan con paciencia este compás de espera. Elas son as actuais campioas da liga, vencedoras do play off polo título que se disputou en Málaga a finais de xuño.
O equipo masculino leva máis de tres semanas adestrando despois de meses parados, desde o confinamento.
Os dous equipos seguen un protocolo de adestramentos que implica non coincidir na pista e evitar os contactos nas accións de xogo. Elas xa saben o que é competir baixo un protocolo de pandemia.
Pero calculan que a próxima temporada tampouco vai ser normal.
A anulación dos descensos librou ó Burela dunha situación moi comprometida. Eles, reforzados e elas dispostas a defender o título, agardan coñecer a data de comezo, e se é posible contar con público en Vista Alegre.