CRTVG

Buscar

Lanzan a candidatura para poñerlle o nome de Rosalía a unha estrela

Publicado o 28/10/2019 15:30

A idea partiu da Unión Astronómica Internacional para celebrar o seu centenario. Cada país do mundo pode poñerlle nome a unha estrela canda un dos seus planetas asociados. En España hai xa unha ducia de candidaturas, entre elas a que propón o nome de Rosalía de Castro, que é ademais a única que representa unha muller.

Desde agora e ata o 12 de novembro é posible votar a través da web nombraexoplanetas.es e nas redes sociais a través do cancelo #EstrelaRosalía.

Os resultados da votación coñeceranse a finais de decembro. Para daquela saberemos se unha das estrelas da constelación de Ophiuco, que podemos ver nos ceos galegos no verán, pode representar finalmente a luz da nosa escritora universal.

Noticias web

28/10/2019