Lanzamento de cadeiras e un ferido nunha liorta entre 'okupas' e veciños en Málaga
Publicado o 24/09/2020 16:11
Estas imaxes grabáronse en Málaga. Son dunha liorta masiva entre okupas e veciños.
A pelexa, en que mesmo se chegaron a lanzar varias cadeiras, tivo lugar nun bar da localidade de Casabermeja.
Segundo fontes próximas á investigación, a liorta non está relacionada directamente coa ocupación de vivendas, senón cun desencontro previo entre un okupa e un veciño.
O incidente acabou cunha persoa ferida e sen ningunha detención.
Máis sobre actualidade
21/01/2021 14:41