CRTVG

Buscar

'La trinchera infinita' representará a España nos Óscar 2021

Publicado o 03/11/2020 11:41
'La trinchera infinita' representará a España nos Óscar 2021

La trinchera infinita, dirixida polos vascos Aitor Arregi, Jon Garaño e Jose Mari Goenaga, foi elixida pola Academia de Cinema para representar a España na competición polo Óscar á mellor película internacional na edición 93 dos premios de Hollywood, que se celebrará o 25 de abril de 2021.

A actriz Susi Sánchez deu a coñecer a película seleccionada nun acto este martes na sede da Academia de Cinema. As outras dous finalistas eran El hoyo, de Galder Gaztelu-Urrutia, e a galega O que arde, de Oliver Laxe.

Garaño e Goenaga xa representaron a España na carreira dos Óscar de 2016 con Loreak, que non pasou o primeiro filtro da Academia de Hollywood.