CRTVG

Buscar

Kostas Vasiliadis asume como súa a derrota do Obradoiro en Fuenlabrada

Publicado o 16/01/2019 17:15

Kostas Vasiliadis asume como súa a derrota do Obradoiro en Fuenlabrada. Última xogada do partido. Balón para Kostas con todo a favor á falta de poucos segundos. Kostas non acerta. Hai falta a Broziansky. O grego cre que todo foi por culpa del.

Kostas Vasileiadis, Monbus Obradoiro; "É culpa miña este partido que perdemos. Non só pola última canastra. É que non axudei moitísimo aos meus compañeiros, desde o banco e cando estaba dentro. Vin outra vez o partido e téñoo claro." "É falta clara, é falta clara, pero neses últimos segundos pasan moitas cousas moi rápidas e os árbitros poden facer un fallo, un erro."



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2019