CRTVG

Buscar

Koné dálle o empate ao Deportivo

Publicado o 03/11/2019 14:08

Como Paco de Lucía, o Deportivo estase a mover entre dúas augas, a do pesimismo do afeccionado polo xogo do equipo e a do optimismo de Luís César coa evolución do conxunto.

Luís César, adestrador do R. C. Deportivo dixo: "Aínda que a mellora non sexa moi perceptible, estamos mellorando, o que pasa é que ata que non gañemos, non me vai crer ninguén. O día que gañemos crerame todo o mundo".

O certo é que ante o Fuenlabrada o Deportivo volveu amosar os síntomas que o teñen de pechacancelas na clasificación tras sumar trece xornadas sen gañar. Por décimo segunda vez na temporada, o equipo recibiu goles e tivo que loitar contra un marcador adverso. Esta vez xogando con dez, mentres atendían a Montero dun golpe na cabeza. Malia todo, o técnico ve máis preto este troco de dinámica.

Luís César, adestrador do R. C. Deportivo sinalou: "As etapas rematan, as boas e as malas, e cada semana que pasa estamos máis preto de que a etapa rache".

O empate de Koné no único disparo entre os tres paus foi o máis positivo dun partido en que o Deportivo estivo incómodo, pero que lle serviu para sumar a súa segunda semana consecutiva puntuando.

Luís César, adestrador do R. C. Deportivo: "O Fuenlabrada quería gañarnos, acaba de gañarlle ao Zaragoza aquí, e acaba de gañar nas Palmas e contra nós non puido gañarnos, algo fariamos ben tamén, non?".

Malia todo, e por terceira semana consecutiva, o Deportivo segue a pechar a clasificación.

Luís César, adestrador do R. C. Deportivo: "A clasficación di moitas mentiras cribles, di unhas cousas que son verdade, pero ao final isto é moi longo e nós imos saír para arriba".

Ante o Elxe o vindeiro domingo non cabe ningún Perú.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/11/2019