CRTVG

Buscar

Keith Richards fai 76 anos

Publicado o 18/12/2019 21:07

Keith Richards fixo hoxe 76 anos. O guitarrista e fundador dos Rolling Stones semella que deixou atrás os excesos e celebra o seu aniversario con boa saúde e en plena actividade.

Acaba de rematar a xira 2019 coa banda e prepara un novo disco. Parabéns para o pirata inglés, un dos guitarristas máis influentes da música popular contemporánea.

 

Noticias web

18/12/2019