CRTVG

Buscar

Juanjo Rodríguez, o 'youtuber' ourensán que divulga o seu traballo na Rede con éxito

Publicado o 12/09/2019 21:36

Chámase Juanjo Rodríguez, é de Ourense e adícase a divulgar, a través de YouTube, os segredos do traballo labrego. Acadou xa máis de tres millóns de visitas.

Ademais do sacho, as principais ferramentas de Juanjo cando vai á horta son o trípode e a cámara. Tan importante como sementar e recoller, é para el o divulgar o seu traballo. Foi así como empezou por subir vídeos nun blog ata que decidiu abrir unha canle propia en YouTube.

Nesta época en que vivimos o abandono do mundo rural, puidera semellar que unha canle coma esta non tería tanto éxito. O certo é que en cinco anos que leva aberta, ten xa quince mil subscritores e máis de tres millóns de visualizacións.

Para algunhas tarefas conta coa axuda dos verdadeiros profesionais, nestes caso súa sogra, experta en encabar cebolas. O vindeiro obxectivo deste youtuber labrego é crea un pequeno bosque de alimentos ecolóxicos na súa leira de Vilamarín, que logo exporá no escaparate máis global.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019