Juanfran reúnese a vindeira semana co Lugo para falar do seu futuro
Publicado o 24/07/2020 16:10
Falando de adestradores, a próxima semana saberemos se Juanfran renova como técnico do Lugo.
Despois de erixirse no heroe e no gran revulsivo do equipo tras sumar 14 puntos de 18 posibles, Juanfran desfruta duns días de vacacións por Galicia. A próxima producirase un encontro entre o técnico e Tino Saqués onde debería resolverse se colle as rendas do equipo para a próxima temporada.