CRTVG

Buscar

Juanfran cre que do Alcorcón "o maior perigo é o bloque"

Publicado o 03/07/2020 17:08

Juanfran García, adestrador do C. D. Lugo, advertiu este venres de que os seus sistemas e aliñacións van "en función do rival" e do seguinte. Do Alcorcón "o bloque". "Tanto o sistema de xogo. como o modelo e o once vai ir en función sempre das características do contrario", sinalou nunha conferencia de prensa con preguntas a distancia.

O exfutbolista de equipos como o Valencia, Celta ou Levante debutou o pasado mércores como adestrador no fútbol profesional cun triunfo ante o Numancia (3-1).

"Que os xogadores crean no que están a facer é o camiño único que hai. Non é momento para mirar atrás, ao contrario, é momento de potenciar as cousas boas e minimizar os erros", indicou.

Do Alcorcón dixo que "o maior perigo é o bloque" porque é un equipo "moi compacto defensivamente" e que, ademais, ten "confianza".

 

Noticias web

03/07/2020