CRTVG

Buscar

Juan Carlos Quer: "Os informes poñen en evidencia ante o tipo de individuo co que estamos"

Publicado o 19/11/2019 15:14

O pai de Diana Quer dixo que quedou acreditado que foi o coche do Chicle o identificado como o empregado no crime. Mentres o avogado da acusación particular que representa a familia de Diana asegura que as psicólogas foron claras á hora de demostrar a súa normal capacidade e a falta de empatía. Tamén sinala que a versión do Chicle na que afirma somerxer a moza o mesmo día da morte é imposible segundo a presenza das larvas no cadáver.

"Agora o que sucede é que a entomóloga di que as pupas que hai evidentemente, para que poidan sair esas pupas teñen que tardar uns vinte días, como mínimo, o que quere dicir que vinte días despois ou un pouco máis tivo que voltar a nave", di Ricardo Pérez lama, avogado da acusación particular.

"Os testemuños dos informes psicolóxicos e grafolóxicos poñen en evidencia ante o tipo de individuo co que estamos. Un individuo sen empatía ningunha, frío que non amosa arrepentimento e os dous testemuños foron a mesma dirección. Con iso non nos sorprende nada esa carta que mandaba un ano despois a súa familia dicindo non vos preocupedes imos cobrar as entrevistas a dez mil euros mentres estou no cárcere e en sete anos estarei en liberdade", dixo Juan Carlos Quer.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019