CRTVG

Buscar

Juan Carlos Quer espera que se faga xustiza e agradece a solidariedade

Publicado o 29/11/2019 10:10

O empresario Juan Carlos Quer confiou este venres en que se faga xustiza para a súa filla Diana, ao ser o día no que o xurado popular vai emitir o veredicto que dirimirá o grao de culpabilidade de José Enrique Abuín Gey, e agradeceu as mostras de solidariedade recibidas.

Á súa chegada aos xulgados composteláns, dixo á prensa que "hoxe Diana vai estar máis presente que nunca nesta sala" e, por iso, desexou xustiza para ela "e protección para o resto de nenas e novas".

"Espero que se faga xustiza e, de corazón, agradecer a todos os españois as mostras de solidariedade e apoio. Sentímolos moi preto. Se que choraron moito a traxedia de Diana".

Os delitos polos que Abuín  Gey chegou ao banco son os de detención ilegal, asasinato e agresión sexual á moza madrileña de 18 anos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí