CRTVG

Buscar

Juan Carlos Quer aplaude a condena

Publicado o 17/12/2019 13:19

O empresario Juan Carlos Quer, pai de Diana, aplaudiu a condena ao único procesado polo crime da súa primoxénita, José Enrique Abuín Gey, a prisión permanente revisable, pois desta di que é unha lei que salva vidas "porque este suxeito xamais atentará contra a vida doutra nena inocente".

Na súa conta oficial de Twitter, indicou que "Diana hoxe sorrí desde o ceo. O seu violador e asasino foi condenado a prisión permanente revisable".

"Ese é o legado de Diana. Grazas, filla, pola túa loita e polo teu exemplo", conclúe, seguido dun desexo de que descanse en paz.

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, en concordancia co veredicto do xurado popular impuxo a Abuín Gey esta pena, a máxima que contempla o Código penal.

 O avogado da familia Quer valora moi positivamente a sentenza, que considera moi fundamentada. Ricardo Pérez Lama asegura que a condena lle fai xustiza a Diana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí