CRTVG

Buscar

Juan Carlos di que "é moi difícil defender o dereito das vítimas"

Publicado o 30/11/2019 14:58

Nesta xornada de espera do veredicto, o pai de Diana Quer deixa unha reflexión ás portas deste xulgado de Fontiñas. Pregúntase Juan Carlos por qué é tan díficil facer valer o dereito das vítimas, o dereito á vida.

 "Hai moitas cousas que teñen que cambiar no noso país que non se esquezan nunca que Diana tamén tiña dereitos o máis importante aquel que leva a Constitución que é o dereito á vida. A miña filla arrebatáronllo do xeito máis brutal posible. Así que non é non. 500 días nun pozo non é non.", asegura Juan Carlos Quer.

Con todo, o pai da vítima  mostrábase confiado na xustiza e dixo que agardaba unha "sentenza á altura da gravidade dos feitos cometidos polo acusado".Volveu dicir que Abuín non secuestro á súa filla para levala a misa .

O avogado que defende a Diana Quer lembra que a devolución do veredicto ao xurado popular é algo que sucedeu notros casos.

Ricardo Pérez Lema dixo que as cuestións que deberon responder os nove membros do xurado  foron para explicar a motivación da súa decisión
RiasBaixa

Noticias web

30/11/2019