CRTVG

Buscar

Jovanovic, Mollejo e Salva Ruiz piden sitio no once de Anquela

Publicado o 06/09/2019 16:51

Mañá xoga o Deportivo en Riazor. Recibe o Albacete. Esta mañá seguiron as presentacións no conxunto herculino. Desta volta con Sasa Jovanovic, Salva Ruiz e Víctor Mollejo, que era o que faltaba por chegar e que acaba de marcar o gol do triunfo no último partido coa sub 21. Veremos se Anquela conta con algún deles para debutar mañá en Riazor. Eles están listos para o que ordene o míster.

Os recén chegados veñen con ganas. Vense para xogar o sábado e non dubidan en marcar un obxectivo claro Algún mesmo se ofrece para xogar onde faga falta.

O que non se lles escapa é a neceisidade de vencer o Albacete para despexar as dúbidas que deixaron os dous últimos tropezos

As cinco últimas fichaxes están na convocatoria de Anquela para o encontro do sábado. Pérdeno os mancados Somma, Longo, Nolaskoain e Borja Valle, máis o xaponés Gaku Shibasaki, coa súa selección.

Noticias web

06/09/2019

Máis sobre actualidade