CRTVG

Buscar

Jota Peleteiro cambia o Birminghan City polo Aston Villa

Publicado o 25/06/2019 14:27

Jota Peleteiro hai dous veráns foi o traspaso máis caro na historia do Birminghan City: uns 7 millóns de euros. Este verán, o Aston Villa, outro equipo de Birminghan, paga por el uns 5 millóns. Está no seu mellor momento. Está feliz en Inglaterra. Xogará na Premier a vindeira temporada. E cumpre un soño.

Mais é un traspaso polémico, como ir do Español ao Barcelona ou do Atlético ao Real Madrid. El vai do Birminghan City ao Aston Villa. Ten 28 anos e xa leva sete como emigrante do fútbol que volve polo verán para visitar os amigos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019