CRTVG

Buscar

Josu Ternera declara ante o Tribunal Correccional de París

Publicado o 17/05/2019 19:19

Este era o momento no que Josu Urrutikoetxea, alias Josu Ternera, saía da cadea de Bonneville, próxima ao lugar da súa detención nos Alpes franceses, para ser trasladado a París.

Alí, o considerado ex-xefe político de ETA escoitará a sentenza que o condenou en ausencia a 8 danos de prisión por asociación de malfeitores, unha figura xurídica similar á denominada en España pertenza a banda armada.

A súa defensa ten un prazo de dez días para recorrer ou mesmo para pedir que cumpra a condena en España. E o Estado español que podería así mesmo a súa extradición polas causas pendentes, entre elas, o atentado contra a casa cuartel de Zaragoza, no que morreran 6 nenos e 5 adultos.

Fernando Grande-Marlaska, ministro de Interior en funcións "O estado de dereito non desistirá de perseguir o conxunto de actuacións criminais cometidas pola banda terrorista ETA, non deixará de investigar ata que atopemos e poidamos solucionar e resolver todos os atentados terroristas" 41

Grande Marlaska agradeceu o traballo da Garda Civil, un corpo que -lembrou- conta 243 vítimas da banda terrorista. E tamén das autoridades francesas coas que, asegurou, continúa a cooperación.

Josu Ternera, de 67 anos, foi detido no aparcamento do hospital de Sallanches. Leva anos aqueixado dun cancro.


 



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/05/2019