CRTVG

Buscar

Joselu: "Non quero que o Lugo descenda"

Publicado o 15/07/2020 20:28

O Lugo busca a salvación este venres en Tenerife e nese partido vaise reencontrar cun vello coñecido.Joselu non esquece as dúas campañas que xogou no Anxo Carro e onde obtivo o premio ao máximo goleador da categoría na temporada 2016-2017. Anotara nada menos que 23 goles. Agora defende as cores do Tenerife e segue marcando golazos coma este que lle fixo ao Rácing desde o medio campo. Este venres Joselu vai pasar un mal trago por enfrontarse ao Lugo nesta situación.

 

Noticias web

15/07/2020