CRTVG

Buscar

José María Múgica di que Iglesias é "un fascista con trienios de matón"

Publicado o 01/12/2020 14:14

O apoio de Bildu ás contas do Goberno está sendo cuestionado por exlíderes socialistas e tamén polas vítimas da ETA. O último en falar foi José María Múgica, fillo do dirixente socialista vasco Fernando Múgica, asasinado pola banda terrorista nos anos 90.

Múgica critica a Sánchez por pactar cos abertzales. E é especialmente duro con Iglesias: "Pablo Iglesias é un perfecto facista, nesa acepción imbatible de George Orwell. Ten trienos de matón. Trienios de matón desde que facía escraches, acosos e persecucións a responsables políticos que non pensaban coma el".

Noticias web

01/12/2020

Máis sobre actualidade