CRTVG

Buscar

Xosé González: "Os incendiarios pagarán coa cadea e co patrimonio"

Publicado o 14/09/2020 09:36

Esta mañá, nunha entrevista no Bos días, o conselleiro do Medio Rural, Xosé González, daba conta da situación dos incendios. 

"Nestes momentos, na provincia de Ourense, temos activos tres lumes máis, en total, preto de 15, localizados na provincia de Ourense", afirmou o conselleiro.

"Vimos repetindo moitas veces o mesmo: aquel que, de xeito intencionado, prende lume para poñer en perigo persoas e bens (...) é un delincuente, e temos que actuar con todo o peso da lei. Con penas privativas de liberdade, se se demostran os feitos, pero tamén coa responsabilidade patrimonial. Temos uns custos de extinción extraordinarios", conclúe Xosé González.

Segundo o conselleiro, habería este domingo 38 medios aéreos e máis de 2.000 persoas traballando. "Temos que requirir moita colaboración cidadá para rematar con esta lacra dos incendiarios".

Noticias web

14/09/2020