CRTVG

Buscar

José González: "Durante a noite houbo 16 intentos de provocar incendios"

Publicado o 06/09/2019 16:03

O conselleiro do Medio Rural subliñou que a situación mellorou moito nas últimas horas, a pesar das dificultades do vento do nordés. Con todo, José González denuncia que os incendiarios seguiron actuando durante a noite e apela á concienciación cidadá para que a xente avise se ten algún indicio, dado que calquera información pode ser transcendente nas investigacións que xa se están a levar a cabo.

José González, conselleiro do Medio Rural: "Hoxe temos unha situación mellor ca onte en canto a número de incendios. Nestes momentos hai un incendio activo de máis de 20 hectáreas en Fisterra, e hai alí un despregamento importante de medios tanto terrestres como aéreos. Por dar un dato, esta noite dende que xa se sabía que non había medios aéreos houbo outros 16 intentos de provocar incendios en Galicia".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019