CRTVG

Buscar

José Crespo, alcalde de Lalín: "As segundas partes poden ser mellores cas primeiras"

Publicado o 18/06/2019 09:58

Un modelo de alcalde "porta a porta" para Feijóo

"Pode haber segundas partes boas, porque volvemos coa experiencia de gobernar e de pasar frío na oposición catro anos en que os nosos proxectos estaban en perigo".

A marcha de Rafael Cuíña

"A falta de entendemento veu por querer facer borrón do feito nos anos anteriores. Tivemos que reinventarnos despois da crise".

Paro

"Coa axuda da Xunta, queremos atraer empresas a Lalín, dándolles todo tipo de facilidades para que se poidan establecer na nosa localidade. Ademais, hai que investir e formación e intentar abaratar a autoestrada con Santiago".

A situación do PPdeG 

"O liderado de Feijóo é único en Galicia e España. Somos o partido que máis se parece a Galicia. Somos un partido galeguista, diferenciado dos demais PP do resto do Estado, e estou convencido de que podemos reter o Goberno da Xunta. Temos unha forma de facer política distinta". 

Os pactos con Vox

"Que haxa tres partidos na dereita prexudicounos, pero o PP vai resistir".

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019