CRTVG

Buscar

Jorge Sáenz nega que bloquease o traspaso Maxi-Mina

Publicado o 15/07/2019 21:19

O Celta presenta a súa quinta fichaxe. Jorge Sáenz chega para seguir reforzando a defensa do Celta. É internacional sub-21 e procede do Valencia. Chega cedido para as vindeiras dúas temporadas con opción de compra. Jorge Sáenz era unha das condicións dentro da operación Maxi Gómez-Santi Mina, e rumoreouse que podía ser el quen dificultaba que a operación se pechase. Precisamente sobre este tema falaron na súa presentación.

"El nunca tivo nada que ver en que se dilatasen as negociacións en calquera das outras fichaxes, a de Maxi ao Valencia ou a de Santi Mina ao Celta, ao revés, el sempre foi o primeiro que estivo disposto", asegura Felipe Miñambres, o director deportivo celeste. 

O propio xogador quixo distanciarse da polémica: "Todo se atrasou un pouco máis do agardado, o motivo non o sei nin tampouco quero sabelo, porque non é algo que me incumba. Por desgraza, salpicoume de mala maneira, cousa que non entendín, pero ao final son cousas que pasan e un ten que tomalo con filosofía".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/07/2019