CRTVG

Buscar

Jorge Prado logra o noveno posto nos Países Baixos

Publicado o 08/03/2020 18:21

Jorge Prado viviu un Grande Premio, o dos Países Baixos, de ilusion e aprendizaxe. Ilusión polo experimentado na primeira manga, en que ratificou o terceiro posto da clasificatoria cunha espectacular saída que o levou a comandar a carreira durante uns minutos. Foi o líder na primeira curva, así que, levou un dos premios do día, o do Holeshot.

Durante a proba, tivo que ceder ante o empuxe dos tres homes. O esloveno Tom Gaijser non deu opcións. Veu dende atrás cara a diante e desfíxose de todos. O líder do mundial, Jeffrey Herling, tivo que conformarse co segundo posto, e no terceiro, a unha distancia considerable, quedou o lituano Jasikonis.

Falabamos de ilusión e aprendizaxe. A aprendizaxe chegou na segunda manga, en que se viu pechado na saída. Non só non puido repetir a brillante posición anterior, senón que foi ao chan.

Prado perdeu un tempo valioso e tivo que conformarse cunha remontada que o levou ata o posto 13, noveno no global do grande premio. Rescatou 8 puntos, que, unidos aos 17 do cuarto posto anterior, lle permiten ascender dúas posicións no Mundial. Ahora é oitavo.

Líder é o neerlandés Jeffrey Herlings, que, ante os seus, gañou con autoridade a segunda rolda e levou o triunfo da fin de semana. Gaijser foi o segundo e Jasikonis repetiu no terceiro posto. A próxima cita do Mundial será en dúas semanas, na Arxentina.

Noticias web

08/03/2020