Jonathan Vila asina polo Coruxo
Publicado o 12/07/2019 18:45
Jonathan Vila apúntase á "operación retorno". O excéltico regresa a Vigo pero será nas ringleiras do Coruxo. O central asina co club do Vao logo da súa experiencia na liga India.
"Coas pilas a tope, con moitas ganas e sobre todo coa ilusión de cando empecei, de cando era un rapaz porque ao final teño a oportunidade de volver aquí, a casa, e quero demostrar que teño todavía moito por dar", asegura o novo xogador do Coruxo.
Vila volverá xogar en Barreiro contra o filial do Celta esta temporada pero será coma rival: "Virán á cabeza lembranzas pasadas, cando gozaba do fútbol xa non só profesional senón nas categorías inferiores, que eu creo que se goza o dobre e seguramente será moi especial e moi emotivo"
Máis sobre actualidade
28/02/2021 22:42