CRTVG

Buscar

Johnson solicita, nunha carta sen asinar, a prórroga do 'brexit'

Publicado o 20/10/2019 10:12
Johnson solicita, nunha carta sen asinar, a prórroga do 'brexit'

O primeiro ministro británico, Boris Johnson, enviou á Unión Europea unha carta en que solicita unha prórroga do brexit máis aló do 31 de outubro, pero sen asinala. Nesa misiva puntualízase que se trata dunha carta do Parlamento, e vai acompañada por unha segunda na que el manifesta que, como primeiro ministro, non pide un adiamento da saída da UE.

O Parlamento acordou este sábado adiar ata o luns a decisión que estaba prevista tomar mentres milleiros de persoas se manifestaban no exterior do edificio reclamando a convocatoria dun segundo referendo sobre o brexit.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí