CRTVG

Buscar

Johnson comprométese a solicitar unha prórroga do 'brexit' se non hai acordo

Publicado o 04/10/2019 19:35
Johnson comprométese a solicitar unha prórroga do 'brexit' se non hai acordo

O Goberno británico está disposto a cumprir a lei e solicitar unha extensión da data de saída da Unión Europea se para o 19 de outubro non logra un acordo con Bruxelas, pero a oposición teme que garde un as na manga para evitar atrasar a data de partida haxa ou non pacto. Segundo os documentos remitidos este venres polo Executivo do conservador Boris Johnson ao Tribunal de Sesións de Edimburgo, o Goberno comprométese, en liña coa lexislación, a pedir por carta a Bruxelas unha prórroga que evite unha ruptura abrupta o próximo 31 de outubro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí