CRTVG

Buscar

Johnson busca unha vitoria electoral para consumar o 'brexit'

Publicado o 11/12/2019 20:32

46 millóns de británicos están chamados mañá a votar nunhas eleccións xerais marcadas pola saída do Reino Unido da Unión Europea.

Os comicios celébranse 3 anos antes do previsto polo empeño do primeiro ministro, Boris Johnson, de lograr unha maioría suficiente no parlamento para consumar o brexit o 31 de xaneiro. En fronte ten ao laborista Jeremy Corbyn, partidario dun segundo referendo e dunha reforma radical da economía británica.

As últimas enquisas vaticinan unha vitoria conservadora, aínda que sen maioría absoluta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/12/2019