CRTVG

Buscar

John Lennon e o Camiño de Santiago, historia para un videoclip protagonizado pola irmá do ex-beatle

Publicado o 18/09/2019 16:50

Partindo da Torre de Hércules, Julia comezou a gravación do videoclip O teu camiñar. Un proxecto que desvelará o interese que tiña seu irmán John Lennon de peregrinar a Santiago.

"Estou moi contenta de volver e ver os lugares que vin o ano pasado. Fixen fotos e as flores eran fermosas", explicou Julia Baird, protagonista do videoclip O teu camiñar.

"É un elemento de promoción a nivel internacional. É unha historia bonita. Segundo nos contaron, John Lennon ía facer o Camiño, precisamente o Camiño Inglés, con Salvador Dalí, e circunstancias sobrevidas impedírono", dixo Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo. 

"Pareceunos unha bonita maneira de utilizar esta canción que compuxen coa temática do Camiño, aproveitando que Julia estaba moi disposta a vir aquí e todo xurdiu dun xeito moi natural. A conexión de todo isto foi unha muller de Pontevedra que traballou na casa de John Lennon", relata Carolina Rubirosa, compositora de O teu camiñar.

O videoclip, que promocionará o Camiño Inglés dentro e fóra das nosas fronteiras, contan poder estrealo a finais do próximo mes de outubro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019