CRTVG

Buscar

Johnson crea un gabinete de guerra para o 'brexit'

Publicado o 29/07/2019 09:24

O novo primeiro ministro británico, Boris Johnson, reunirá hoxe por primeira vez o denominado gabinete de guerra do brexit.

Johnson e os seus ministros abordarán a posibilidade de aprobar de inmediato un presuposto de emerxencia para a saída do Reino Unido de Europa o próximo 31 de outubro con acordo ou sen el. Pero os chamados conservadores rebeldes, que se opoñen a saír de Europa sen acordo, ameazan con votar contra o seu propio goberno.

 

Noticias web

29/07/2019