CRTVG

Buscar

Javier Tebas exime o Fuenlabrada e asume a responsabilidade da viaxe

Publicado o 26/07/2020 17:03
Javier Tebas exime o Fuenlabrada e asume a responsabilidade da viaxe

No medio dun regueiro de comunicados, o presidente da LFP, Javier Tebas Medrano, publicou un chío en que asume en primeira persoa a responsabilidade da viaxe do Fuenlabrada e exonera o equipo madrileño, en que o seu fillo, Javier Tebas Llanas, é un dos asesores. 

Tamén manifesta a inxustiza que supón non poder xogar o partido para o Fuenlabrada, que no caso de empatar disputaría por primeira vez na historia a fase de ascenso a Primeira División.