CRTVG

Buscar

Javier Maroto di en Cervo que o PP é garantía na defensa do emprego

Publicado o 31/10/2019 14:58

Campaña tamén en Galicia. Os populares arrincan a xornada arroupados polo voceiro no Senado, Javier Maroto, que destaca o traballo do Partido Popular de Galicia como referencia na defensa da industria.

Acompañado polo secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, visitou Cervo, un dos puntos industriais pendentes das decisións que deben chegar do Goberno.

Maroto di que o Partido Popular é a garantía para solucionar a crise institucional en Cataluña e a crise económica que se aveciña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019