CRTVG

Buscar

Jasper e Gus, de NAO, estrean a súa versión de 'Txoria Txori'

Publicado o 20/11/2018 12:30
O grupo de música galega NAO presenta o seu último disco, 'Ata que o lume se apague'. Un álbum composto por 13 temas gravado a camiño entre Galiza e Euskadi. Os NAO regresaron a Andoain, aos estudios Garate coma no seu disco debut, e xunto co primeiro produtor da banda, Kaki Arkarazo, deron forma a dous dos cortes máis especiais deste disco: unha versión da canción 'Txoria Txori', do cantautor eúscaro Mikel Laboa, e tamén a última canción que pechará o último disco.

Noticias web

20/11/2018