CRTVG

Buscar

Jácome e Feijóo analizan os proxectos prioritarios para Ourense

Publicado o 22/07/2019 18:36

En dúas horas de encontro Feijóo trasladoulle a Jácome o estado dos dez grandes proxectos que a Xunta ten en marcha en Ourense e díxolle que este ano rematará con avances na reforma do hospital, no novo centro de discapacidade e no pavillón dos Remedios.

"Dedicamos unha parte da reunión a consellos que lle pedín e que me gustaron moito. É posiblemente o político máis interesante dos que estiven ata agora", afirmou Jácome.

A Xunta, segundo o presidente, estudará as propostas do alcalde de crear un parque acuático termal na cidade e máis un centro de intelixencia artificial.

"Falamos de como entre dúas forzas políticas, PP e Democacia Ourensana, podemos arrancar o concello de Ourense e dar o trato que merece a terceira cidade de Galicia", asegurou o presidente.

Feijóo afirmou que está preocupado polo ritmo dos traballos do Adif para a estación intermodal e pídelle que apuren para que a Xunta poida empezar a construír a terminal de buses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2019