CRTVG

Buscar

Iván Pardo, declarado culpable de asasinato pola morte da pequena Naiara

Publicado o 25/09/2020 16:04

Despois de doce horas de deliberación, os nove integrantes do xurado decidiron por unanimidade a sentenza de culpabilidade para Iván Pardo.

Consideran probado que o acusado torturou ata a morte a pequena Naiara, a súa sobriña política de oito anos.

Os feitos aconteceron en xullo do 2017, na casa que o acusado ten en Sabiñánigo, en Huesca, a onde os pais mandaran a nena para que Iván tratase de corrixir o seu comportamento.

Durante cinco horas a nena recibiu descargas eléctricas e golpes nos brazos, nas pernas e na cabeza, todo isto despois dunha noite que se lle previta de durmir e a obrigaran a axeonllarse sobre grava para que fixera os deberes.

A pequena morreu ao día seguinte debido a un traumatismo cranioencefálico severo.

A fiscalía e as acusacións particulares manteñen a súa petición de que Iván Pardo, natural de Lugo, sexa condenado a prisión permanente revisable.

O xurado cre probado tamén que as dúas persoas que vivían con el, seu irmán Carlos, padrastro de Naiara, e Nieves, a nai de ambos os acusados, son culpables dun delito de malos tratos habituais no ámbito familiar, pero non de asasinato por omisión como pedía o pai biolóxico da nena.

Noticias web

25/09/2020