CRTVG

Buscar

Iván Ares é o favorito no Rally da Coruña

Publicado o 01/03/2019 17:57

Todo en marcha para o comezo da temporada galega de rallys. Desde A Coruña ata a Mariña lucense. Un total de nove probas. Este é o ambiente na véspera da estrea. A Coruña recibe os participantes. E presenta un favorito indiscutible porque gañou o ano pasado e porque a súa cabeza está no nacional. Falamos de Iván Ares.

Ía ser a derradeira carreira en que Iván Ares tería ao seu carón a Xosé Pintor... mais un contratempo do novo copiloto, David Vázquez, fará que a parella Ares-Pintor tamén comece en Córdoba o Campionato de España,

A parella Ares-Pintor sabe o que é vencer na Coruña. Onte amosou o coche co que correrá esta temporada. Claro que para esta fin de semana, proba do campionato galego, Ares sairá cun motor distinto




 

Noticias web

01/03/2019