CRTVG

Buscar

Iván Ares demostra en Zamudio que está listo para o Rally de Ourense

Publicado o 14/07/2020 14:08

O Hyundai de Iván Ares descansa en talleres despois dunha fin de semana en que foi sometido ao estrés da competición e dun posterior test sobre piso mollado.

 Iván Ares Subcampión de España de rallys de asfalto : "No rally centrámonos nas reglaxes do coche baseadas na suspensión e nos aliñados. É a gran diferenza que teñen co coche anterior. O domingo dedicámonos a probar rodas en situacións extremas como poden ser ir coas rodas que non son axeitadas en terreo mollado e axustar a suspensión a ese tipo de circunstancias".

Ares ten o coche a punto para o Rally de Ourense, primeira proba puntuable para o Campionato de España, que se disputará o 25 de xullo.

 Iván Ares Subcampión de España de rallys de asfalto: "Hai moitos coches punteiros na cabeza, pilotos rápidos. Creo que é unha das mellores listas de inscritos desde hai anos, con moita xente con opcións á vitoria".

Ourense será a primeira das sete probas puntuables desta nova edición do Campionato de España. Os pilotos poderán descartar os dous peores resultados.

Iván Ares Subcampión de España de rallys de asfalto: "Vaise decidir todo ao final. Os rallys son máis curtos, as diferenzas van ser mínimas. Vai ser un ano especial, pero bonito para o afeccionado".

Noticias web

14/07/2020