CRTVG

Buscar

Italia prolonga o estado de alarma

Publicado o 19/03/2020 16:53

Máis de 31.500 contaxios e preto de 3.000 falecidos. As cifas da pandemia en Italia xa dan medo. En só 24 horas bateu marcas, con 475 mortes, e por iso o Goberno vai adoptar novas medidas. Prolongará o estado de alarma, máis alá do 3 de abril. Ata que os contaxios remitan, para deixar atrás imaxes coma estas: no centro de Bérgamo. Alí o Exército despregouse para retirar os féretros de vítimas do Covid-19; serán incinerados. O cemitierio xa non ten capacidade.Tamén Francia asume que moi probablemente será necesario prolongar as dúas semanas de confinamento.

Dende Alemaña, onde xa superan os 10.000 casos, Angela Merkel fai un chamamento á colaboración cidadá para facer fronte ao que define como o maior desafío dende a II Guerra Mundial.

No Reino Unido, o metro de Londres pechou 40 estacións para tentar conter a propagación, Tamén os colexios estarán pechados dende mañá venres. Só os fillos de traballadores esenciais, como sanitarios, policías e repartidores de alimentación poderán seguir indo á clase.

E nos Estados Unidos, Donald Trump xa deu a orde para mobilizar dous buques da Armada para atender os pacientes infectados. Unha medida á que tamén se suma o peche temporal da fronteira co Canadá.

Noticias web

19/03/2020