Italia manterá as restricións no Nadal
Publicado o 27/11/2020 14:15
Italia manterá as restricións durante o Nadal para evitar unha terceira vaga de coronavirus. Malia que descenden os contaxios e pacientes na UCI, o número de mortos é moi elevado, máis de 820 en 24 horas.
Por iso, o Goberno aprobará antes do 3 de decembro un novo decreto para prolongar un mes máis as medidas restrictivas nas zonas de alto risco, nas que está prohibido sair da casa se non é por traballo, saúde ou emerxencias.
Mantense tamén o toque de queda e os colexios pechados a partir do segundo curso de secundaria. O Goberno italiano mesmo baralla a posibilide perimetrar áreas en zonas amarelas.
Máis sobre actualidade
06/03/2021 23:05